Madrugada de San Xoán
Madrugada máis garrida
Que baila o sol cando nace
E ricando morre o día
Onde vai nosa señora?
Onde vai Santa María?
Vai cara a banda do mar,
Vai cara a banda da ría.
Que dis da virxe, que dis?
Que di Santa María?
Cal será a meniña, cal
Que colla a frol d'augoa fría?
Non será dama nin deuda,
Que será a princesa Aldina,
A princesa namorada,
Filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela,
Tan feitiña e tan bonita,
C'aqueles seus ollos craros
Do color d'augoa da ría.
Soio ti, Aldina, serás
Quen leve a frol d'augoa fría
Soio ti, Aldina serás
Quen leve a frol d'augoa fría
Érguete do leito, nena
Vai cara a banda do mar
Que anque ti veñas soíña
Acompañada has de tornar
Érguete do leito, nena
Vai cara a banda da ría
Que anque ti soíña veñas
Tornarás en compañía
Na torre do real palacio
Anque inda está lonxe o día
Móvense o liños dun leito
Algunha xente se erguía
É a princesa! Deu-la garde!
Era moi garrida Aldina,
Que vai o día de San Xoán,
Cata-la frol d'augoa fría.